Publicidade

A publicidade permite que Google e moitos dos sitios web e servizos que utilizas sexan gratuítos. Traballamos duro para asegurarnos de que os anuncios non molesten e sexan o máis seguros e relevantes posible. Por exemplo, non verás anuncios emerxentes en Google e, ademais, cancelamos as contas de centos de miles de editores e anunciantes que infrinxen as nosas políticas cada ano (incluídos os anuncios que conteñen software malicioso, anuncios de artigos falsificados ou aqueles que tentan efectuar un mal uso da túa información persoal).

Como utiliza Google as cookies na publicidade

As cookies axudan a aumentar a eficacia da publicidade. Sen as cookies, resulta máis difícil que un anunciante chegue ao seu público ou saber cantos anuncios se amosaron e cantos clics recibiron.

Moitos sitios web, como os sitios de noticias e os blogs, asócianse con Google para amosar anuncios aos seus visitantes. En colaboración cos nosos socios, é posible que empreguemos as cookies para moitos obxectivos, como para deixar de ver o mesmo anuncio unha e outra vez, para detectar e deter a fraude por clic e para amosar anuncios que quizais resulten máis relevantes (como os anuncios baseados nos sitios web que visitaches).

Gardamos unha copia dos anuncios que ofrecemos nos nosos rexistros. Estes rexistros do servidor normalmente inclúen a túa solicitude web, o teu enderezo IP, o tipo de navegador, o idioma do navegador, a data e a hora da solicitude e unha ou máis cookies que poden identificar o navegador de forma exclusiva. Gardamos estes datos por unha serie de razóns, pero as máis importantes son mellorar os nosos servizos e manter a seguridade dos nosos sistemas. Estes datos de rexistro son anónimos, xa que eliminamos parte do enderezo IP (despois de 9 meses) e a información das cookies (despois de 18 meses).

As nosas cookies de publicidade

Para axudar aos nosos socios a xestionar a súa publicidade e os sitios web, ofrecemos varios produtos, entre os que se inclúen AdSense, AdWords, Google Analytics e unha ampla gama de servizos coa marca DoubleClick. Cando visitas unha páxina que utiliza un destes produtos, tanto nun dos sitios de Google como nun dos dos nosos socios, é posible que se envíen varias cookies ao teu navegador.

É posible que se envíen desde varios dominios diferentes, incluídos google.com, doubleclick.net, invitemedia.com, admeld.com, googlesyndication.com, ou googleadservices.com. Algúns dos nosos produtos de publicidade permiten que os nosos socios utilicen outros servizos en combinación cos nosos (como un servizo de medición e xeración de informes de anuncios) e é posible que estes servizos envíen as súas propias cookies ao teu navegador. Estas cookies enviaranse desde os seus dominios.

Obtén máis información acerca dos tipos de cookies utilizadas por Google e os nosos socios, ademais de como as utilizamos.

Como se poden controlar as cookies de publicidade

Podes utilizar a Configuración de anuncios para xestionar os anuncios de Google que ves e indicar que non se mostren anuncios baseados nos teus intereses. Aínda que decidas non recibir este tipo de anuncios, é posible que sigas vendo anuncios en función de factores como a túa localización xeral procedente do teu enderezo IP, o teu tipo de navegador, e as buscas recentes e anteriores relacionadas coa túa busca actual.

Tamén podes xestionar as cookies que moitas empresas utilizan para a publicidade online a través das ferramentas de opcións para consumidores creadas nos programas de autorregulación de moitos países, como a páxina aboutads.info choices para Estados Unidos ou a páxina Your Online Choices para Europa.

Finalmente, podes xestionar cookies no teu navegador web.

Outras tecnoloxías usadas na publicidade

É posible que os sistemas de publicidade de Google utilicen outras tecnoloxías, incluído Flash e HTML5, para funcións como a visualización de formatos de anuncios interactivos. Nós podemos usar o enderezo IP, por exemplo, para identificar a túa situación xeral. Tamén podemos seleccionar publicidade en base a información sobre o teu ordenador ou dispositivo, como o modelo do dispositivo, o tipo de navegador ou os sensores do dispositivo, como o acelerómetro.

Localización

Os produtos publicitarios de Google poden recibir ou deducir información sobre a túa localización desde diferentes fontes. Por exemplo, podemos utilizar o enderezo IP para identificar a túa localización xeral, podemos recibir a localización precisa do teu dispositivo móbil, podemos deducir a túa localización das consultas de busca e, así mesmo, os sitios web ou aplicacións que visualizas poden enviarnos información acerca da túa localización. Google utiliza a información de localización nos seus produtos publicitarios para deducir información demográfica, mellorar a relevancia dos anuncios que ves, medir o rendemento dos anuncios e enviar estatísticas globais aos anunciantes.

Identificadores publicitarios en dispositivos móbiles

Para mostrar anuncios en servizos en que quizais non estea dispoñible a tecnoloxía de cookies, por exemplo, nas aplicacións para móbiles, é posible que utilicemos tecnoloxías que funcionen de modo similar ás cookies. Ás veces, Google liga o identificador utilizado para a publicidade das aplicacións para móbiles cunha cookie publicitaria do mesmo dispositivo para coordinar os anuncios que se che mostran nas aplicacións para móbiles e no navegador para móbiles. Isto pode ocorrer, por exemplo, cando ves un anuncio nunha aplicación que abre unha páxina web no navegador para móbiles. Este sistema tamén nos permite mellorar os informes que lles proporcionamos aos anunciantes sobre a eficacia das súas campañas.

Para cancelar a recepción de anuncios baseados en intereses no teu dispositivo móbil, sigue as instrucións indicadas a continuación.

Android

Vai a Configuración de Google nun destes lugares, en función do teu dispositivo:

Toca Anuncios.

Activa a opción Desactivar os anuncios baseados en intereses.

iOS

Os dispositivos con iOS 6 e versións posteriores utilizan o identificador de publicidade de Apple. Para obter máis información acerca das opcións dispoñibles para utilizar este identificador, visita o menú Configuración do dispositivo.

Que elementos determinan os anuncios de Google que vexo?

Tómanse moitas decisións para determinar os anuncios que ves.

Ás veces, o anuncio que ves baséase na túa localización actual ou anterior. O teu enderezo IP é polo xeral un bo indicador da túa localización aproximada. Polo tanto, é posible que vexas un anuncio na páxina de inicio de YouTube.com no que se promova unha película que se vai estrear proximamente no teu país ou que os resultados da busca do termo "pizza" inclúan pizzarías da túa cidade.

Nalgúns casos, o anuncio que ves baséase no contexto dunha páxina. Se estás visitando unha páxina de consellos sobre xardinería, é posible que vexas anuncios sobre equipos de xardinería.

Tamén é posible que vexas un anuncio na web baseado na túa actividade das aplicacións ou un anuncio dentro dunha aplicación baseado na túa actividade web, así como nas actividades que realices noutro dispositivo, se iniciaches sesión previamente na túa conta de Google nel.

En ocasións, Google é o encargado de publicar o anuncio que ves nunha páxina, pero é outra empresa o que o selecciona. Por exemplo, é posible que te rexistrases no sitio web dun xornal. A partir da información que facilitaches ao xornal, este pode determinar os anuncios que che mostra e utilizar os produtos de publicación de anuncios de Google para mostrar eses anuncios.

Tamén é posible que vexas anuncios nos produtos e servizos de Google, como a Busca, Gmail e YouTube, baseados na información que lles proporcionaches aos anunciantes e que estes compartiron con Google, como o teu enderezo de correo electrónico.

Por que vexo anuncios de Google de produtos que visualicei?

É posible que vexas anuncios de produtos visualizados previamente debido ao proceso denominado remarketing. Supoñamos que visitas un sitio web no que se venden paus de golf, pero que non os compras na túa primeira visita. É posible que o propietario do sitio web queira animarte a que volvas e completes a túa compra. Google ofrece servizos que permiten aos operadores de sitios web orientar os seus anuncios ás persoas que visitaron as súas páxinas.

Para que isto funcione, Google pode ler unha cookie que xa está no teu navegador ou ben coloca unha cookie no teu navegador cando visitas o sitio web de golf, sempre que o teu navegador o permita.

Cando visites outro sitio que funciona con Google, que quizais non teña nada que ver co golf, é posible que vexas un anuncio deses paus de golf. Isto débese a que o teu navegador envía a Google a mesma cookie. Pola súa banda, é posible que utilicemos esa cookie para mostrarche un anuncio que quizais te anime a comprar eses paus de golf.

Así mesmo, Google pode utilizar a túa visita ao sitio web de golf para mostrarche anuncios personalizados cando volvas realizar buscas de clubs de golf en Google.

Google pon restriccións ás accións de remarketing. Por exemplo, prohibimos aos anunciantes facer remarketing baseado en información confidencial, como información sobre a saúde ou crenzas relixiosas.

Obtén máis información sobre os anuncios de Google.