Seguridade en liña: un traballo conxunto

Manter a web segura para todo o mundo é unha responsabilidade compartida. Obtén información acerca do que podes facer para protexerte a ti mesmo e á túa familia en liña.

Para todos

Obtén información acerca das ferramentas de seguridade de Google deseñadas para axudarche a xestionar a seguridade e privacidade dos teus datos persoais.

Máis información

Para familias

Axuda á túa familia a establecer bos hábitos de seguridade en liña mediante ferramentas de Google e obtén consellos dos nosos socios de seguridade familiar.

Máis información

Ferramentas de seguridade

Configura ferramentas de seguridade sinxelas e obtén máis información acerca de como estar protexido en Gmail, Chrome, YouTube e outros produtos de Google.

Google Chrome

Explora a web en privado

Podes utilizar o modo de incógnito no navegador Chrome do teu ordenador, tablet ou teléfono para navegar pola web en privado. No modo de incógnito, as páxinas que visitas e os ficheiros que descargas non se rexistran no teu historial de descarga ou navegación de Chrome.

Máis información

Fai clic no menú de Chrome da barra de ferramentas do navegador → Fai clic en Nova ventá de incógnito.

Abrirase unha ventá nova coa icona de incógnito na esquina. Para saír, simplemente pecha a ventá.

Android

Limita o acceso unicamente a aplicacións e xogos aprobados

Queres compartir o teu tablet sen compartir todo o teu material? Nos tablets Android coa versión 4.3 e posteriores, podes crear perfís restrinxidos que limiten o acceso doutros usuarios a funcións e contidos do teu tablet.

Máis información

Se es o propietario do tablet, toca Configuración → Usuarios → Engadir usuario ou perfil.

Toca Perfil restrinxido → Perfil novo e, a continuación, asigna un nome ao perfil.

Utiliza a opción ACTIVAR/DESACTIVAR e a configuración para xestionar o acceso a funcións, configuracións e aplicacións.

Preme o botón de acendido para volver á pantalla de bloqueo e, a continuación, toca a icona de perfil novo.

Unha vez configures todo, a pantalla de inicio aparecerá baleira. Toca a icona Todas as aplicacións para comezar a crear o perfil novo.

Consulta máis ferramentas de seguridade