Método de entrada de texto (IME)

Os editores de método de entrada de texto (IME) converten as pulsacións das teclas en carácteres doutro idioma. Google ofrece varios editores de método de entrada de texto. Próbaos.

Para usar un editor de método de entrada de texto, o primeiro que se ha de facer é activar as ferramentas de entrada de texto. Sigue as instrucións para activar as ferramentas de entrada de texto en Busca, Gmail, Google Drive, Youtube, Translate, Chrome e SO Chrome.

O editor de método de entrada de texto represéntase mediante un carácter do idioma, por exemplo, . Fai clic na icona para activar/desactivar o editor de método de entrada de texto actual ou fai clic na frecha situada ao seu carón para seleccionar outra ferramenta de entrada de texto. Cando se activa o editor de método de entrada de texto, o botón amósase de cor gris máis escura .

Editores de método de entrada de texto latinos

Os editores de método de entrada de texto latinos teñen como obxectivo axudar aos usuarios a escribir en idiomas de alfabeto latino (por exemplo, francés, alemán, español, portugués, italiano e neerlandés) mediante o teclado dos EUA. Entre as funcións dispoñibles inclúense a introdución automática de diacríticos, a corrección ortográfica e a inserción de prefixos.

Para usar os editores de método de entrada de texto latinos, escribe letras sen acentuar e suxerirase a palabra correcta cos diacríticos correspondentes. Por exemplo, en francés, a medida que escribes "franca", poderás visualizar unha proposta de palabra completa.

Preme TAB para inserir a proposta “français”. Ao mesmo tempo, preme ESPAZO/INTRO para inserir o texto orixinal “franca”.

Se escribes “francais” de xeito continuo, a proposta principal amosada converterase nunha proposta con inserción automática de diacríticos. Preme ESPAZO/INTRO para inserir a proposta “français”.

Para consultar máis propostas, preme RETROCESO e poderás ver todas as propostas.

A primeira proposta será a suxestión altamente fiable con inserción automática de diacríticos, que aparecerá resaltada automaticamente. A segunda proposta será o texto de orixe. A terceira e cuarta proposta serán suxestións ás que se lles engadiron prefixos. A quinta e sexta proposta serán suxestións ás que se lles aplicou a corrección ortográfica.

Para seleccionar unha palabra de entre varias propostas, leva a cabo calquera das seguintes accións:

  • Preme ESPAZO/INTRO para seleccionar a proposta resaltada
  • Fai clic nela.
  • Escribe o número situado a carón da palabra.
  • Navega pola lista de propostas dunha páxina mediante as teclas de dirección cara a ARRIBA/ABAIXO. Pasa páxinas mediante as teclas de dirección cara a ARRIBA/ABAIXO.