Preguntas frecuentes

Como protexe Google a miña privacidade e mantén segura a miña información?

Sabemos que a seguridade e a privacidade son importantes para ti, pero tamén son importantes para nós. Proporcionar unha seguridade sólida e ofrecerche a confianza de que a túa información está segura e de que podes acceder a ela cando o precises é a nosa prioridade.

Estamos a traballar constantemente para garantir unha alta seguridade, protexer a túa privacidade e facer que Google sexa aínda máis eficiente para ti. Gastamos miles de millóns de dólares cada ano en seguridade e contratamos expertos de fama mundial en seguridade de datos para manter a salvo a túa información. Tamén creamos ferramentas de seguridade e privacidade fáciles de usar como o panel de control de Google, a verificación en 2 pasos e a configuración de anuncios. Por iso, no tocante á información que compartes con Google, ti tes o control.

Para obter máis información acerca da seguranza online, incluído como protexerte a ti e á túa familia, visita o Centro de seguranza de Google.

Máis información acerca de como protexemos os teus datos persoais, como os mantemos en privado e como permitimos que teñas o control.

Como podo eliminar a miña información dos resultados da busca de Google?

Os resultados da busca de Google son un reflexo do contido dispoñible publicamente na web. Os motores de busca non poden eliminar o contido directamente dos sitios web, xa que a eliminación dos resultados da busca de Google non eliminaría o contido da web. Se queres eliminar contido da web, debes contactar co administrador web do sitio en que está publicado o contido e solicitarlle que faga un cambio. Unha vez que se elimine o contido e Google teña en conta a actualización, a información xa non volverá aparecer nos resultados da busca de Google. Se tes unha solicitude de eliminación urxente, tamén podes visitar a nosa páxina de axuda para obter máis información.

Envíanse as miñas consultas de busca aos sitios web cando fago clic nos resultados da busca de Google?

Nalgúns casos si. Ao facer clic nun resultado da busca de Google, é posible que o navegador web tamén envíe o enderezo de Internet, o URL, da páxina de resultados da busca á páxina web de destino como HTTP Referrer. O URL da páxina de resultados da busca pode conter en ocasións a consulta de busca que inseriches. Se estás utilizando a Busca SSL (funcionalidade de busca cifrada de Google), na maioría dos casos, os termos da túa busca non se enviarán como parte do URL no HTTP Referrer. Existen algunhas excepcións, como por exemplo no caso de usar navegadores menos populares. Fai clic aquí para obter máis información acerca da Busca SSL. Podes acceder ás consultas de busca ou á información contida no HTTP Referrer a través de Google Analytics ou dunha interface de programación de aplicacións (API). Ademais, é posible que os anunciantes reciban información relacionada coas palabras clave exactas que deron lugar a que se fixese clic nun anuncio.