Marcos de autorregulación

Última modificación: 20 Setembro 2016

Como se indica na nosa certificación do Privacy Shield (escudo de privacidade), cumprimos os principios que define o marco do Privacy Shield da UE e os EUA tal e como estipula o Departamento de Comercio dos Estados Unidos no referente á obtención, uso e almacenamento de información persoal dos países membros da Unión Europea. Google, incluído Google Inc. e as empresas estadounidenses subsidiarias da súa propiedade, certificou que cumpre cos principios do Privacy Shield. Google é responsable da información persoal que se comparta con terceiros segundo o Onward Transfer Principle (principio de transferencias posteriores) para o procesamento externo no noso nome, de acordo coa sección "Información que compartimos". Se queres obter máis información sobre o programa de Privacy Shield da UE e os EUA, así como ver a certificación de Google, visita o sitio web do Privacy Shield.

Se tes algunha pregunta sobre como protexemos a túa privacidade en relación coa certificación do Privacy Shield, podes poñerte en contacto connosco. Google está suxeito aos poderes de investigación e cumprimento da Comisión Federal de Comercio (FTC) dos EUA. Tamén podes presentar unha reclamación ante a autoridade de protección de datos local relevante. Traballaremos con ela para solucionar o problema. En determinadas circunstancias, o marco do Privacy Shield proporciona o dereito de invocar a arbitraxe vinculante para solucionar as reclamacións non resoltas por outros medios, segundo se describe no Anexo I dos principios do Privacy Shield.

Tamén cumprimos os principios que regulan o US-Swiss Safe Harbor Framework (Marco de Porto Seguro entre Suiza e EUA) tal e como estipula o Departamento de Comercio dos Estados Unidos no referente á obtención, uso e almacenamento de información persoal procedente de Suíza. Google certificou que cumpre cos Safe Harbor Privacy Principles (principios do Marco de Porto Seguro entre Suiza e EUA) e cos principios do Privacy Shield entre a UE e os EUA relacionados coa información persoal procedente de Suíza. Para obter máis información sobre o programa Safe Harbor (Porto Seguro) e ver a certificación de Google, accede ao sitio web do programa Safe Harbor.

Google tamén cumpre cos estándares do sector para a transparencia e a elección nos anuncios en liña.