Termos clave

Colaboradores

Un colaborador é unha entidade que pertence ao grupo de empresas de Google.

Caché de datos de aplicacións

A caché de datos dunha aplicación é un repositorio de datos dun dispositivo. Por exemplo, pode permitir a unha aplicación web executarse sen dispoñer de conexión a Internet e mellorar o rendemento da aplicación permitindo a carga de contidos máis rápida.

Almacenamento web do navegador

O almacenamento web do navegador permite aos sitios web almacenar datos no navegador dun dispositivo. Cando se utiliza en modo de "almacenamento local", permite o almacenamento dos datos das diferentes sesións, por exemplo, para que os datos se poidan recuperar incluso despois de pechar e volver abrir o navegador. Unha tecnoloxía que facilita o almacenamento web é HTML 5.

Unha cookie é un pequeno ficheiro que contén unha cadea de caracteres que se envía ao teu ordenador cando visitas un sitio web. Cando volves visitar o sitio, a cookie permite que o sitio recoñeza o teu navegador. As cookies poden almacenar as preferencias do usuario e outro tipo de información. Podes restablecer o teu navegador para que rexeite todas as cookies ou para que te avise cando se envíe unha. Con todo, é posible que algunhas funcións ou servizos do sitio web non funcionen correctamente sen as cookies. Utilízanse outras tecnoloxías con fins similares aos das cookies noutras plataformas onde as cookies non están dispoñibles ou non son aplicables, como o ID de publicidade dispoñible nos dispositivos móbiles de Android. Máis información acerca de como utiliza Google as cookies e os datos, incluídas as cookies, cando usas os sitios ou aplicacións dos nosos socios.

Dispositivo

Un dispositivo é un ordenador que se pode utilizar para acceder a servizos de Google. Por exemplo, un dispositivo pode ser un ordenador, un tablet ou un teléfono intelixente.

Conta de Google

Os usuarios poden acceder a algúns dos nosos servizos rexistrándose para obter unha conta de Google e proporcionándonos información persoal (normalmente, o seu enderezo de correo electrónico e un contrasinal). Esta información da conta utilizarase para autenticar a identidade dos usuarios cando accedan aos servizos de Google e para protexer a súa conta contra o acceso non autorizado doutras persoas. As contas pódense editar ou cancelar en calquera momento na configuración da conta de Google.

Referenciador de HTTP

O referenciador de HTTP é información transmitida a unha páxina web de destino por parte dun navegador web, normalmente cando fas clic nunha ligazón para acceder a esa páxina web. O referenciador de HTTP contén o URL da última páxina web visitada polo navegador.

Enderezo IP

Todos os dispositivos conectados a Internet teñen asignado un número coñecido como o enderezo de protocolo de Internet (IP). Estes números asígnanse habitualmente en bloques xeográficos. Un enderezo IP pódese utilizar para identificar a localización desde a que se conecta un dispositivo a Internet.

Información que non se pode identificar de forma persoal

É información rexistrada sobre os usuarios de xeito que non reflicta nin faga referencia a un usuario que se poida identificar individualmente.

Información persoal

Esta é a información que nos proporcionas e que te identifica de forma persoal, como o teu nome, o enderezo de correo electrónico ou a información de facturación, ou calquera outro dato que poida estar razoablemente relacionado con esa información de Google, como a información que asociamos coa túa conta de Google.

Etiqueta de pixeles

Un etiqueta de pixeles é un tipo de tecnoloxía situada nun sitio web ou no corpo dun correo electrónico co fin de realizar un seguimento da actividade dos sitios web ou do momento no que se abren correos electrónicos ou se accede a eles e que adoita funcionar con cookies.

Categorías confidenciais

Unha categoría de publicidade pode ser confidencial se está relacionada con temas como a raza, a relixión, a orientación sexual ou a saúde. Ao mostrarche anuncios personalizados, é posible que asociemos un identificador de cookies ou tecnoloxías similares con temas como "cociña e receitas" ou "viaxes en avión", pero non con categorías confidenciais. Aos nosos anunciantes impoñémoslles unha política parecida.

Información persoal confidencial

Esta é unha categoría particular de información persoal relacionada con datos médicos confidenciais, información sobre orixe étnica ou racial, crenzas relixiosas, ideoloxías políticas ou sexualidade.

Rexistros de servidor

Igual que ocorre coa maioría dos sitios web, os nosos servidores rexistran automaticamente as solicitudes de páxinas que se realizan cando se visitan os nosos sitios. Estes “rexistros de servidor” normalmente inclúen a solicitude web do usuario, o enderezo IP, o tipo de navegador, o idioma do navegador, a data e a hora da solicitude e unha ou máis cookies que poden identificar o seu navegador de forma exclusiva.

A continuación, amosamos un exemplo dunha entrada típica dun rexistro que corresponde a unha busca de “coches”, seguida da explicación das súas partes:

123.45.67.89 - 25/Mar/2003 10:15:32 -
http://www.google.com/search?q=cars -
Firefox 1.0.7; Windows NT 5.1 -
740674ce2123e969

Identificador único de dispositivo

Un identificador único de dispositivo (ás veces chamado UUID ou ID único de forma universal) é unha cadea de caracteres incorporada nun dispositivo polo fabricante e que se pode usar para identificar de modo único o dispositivo (por exemplo, un número IMEI dun teléfono móbil). Os identificadores de dispositivo diferentes varían dependendo do seu grao de permanencia, de se os usuarios os poden restablecer e do xeito en que se accede a eles. É posible que un dispositivo determinado teña varios identificadores únicos de dispositivo diferentes. Os identificadores únicos de dispositivo pódense utilizar para distintos fins, incluída a seguridade e a detección de fraudes, a sincronización de servizos como a caixa de entrada do correo electrónico dun usuario, así como para lembrar as preferencias do usuario e para proporcionar publicidade relevante.