Como utiliza Google os datos cando usas os sitios ou aplicacións dos nosos socios

Moitos sitios utilizan tecnoloxías de Google para mellorar o seu contido e facer que sexa gratuíto. Cando visitas un sitio web que utiliza os nosos produtos de publicidade (como AdSense), produtos sociais (como o botón +1) ou ferramentas de análise (Google Analytics), o teu navegador web envía automaticamente certa información a Google. Aquí inclúese, por exemplo, o enderezo web da páxina que estás visitando e o teu enderezo de IP. Así mesmo, podemos establecer cookies no teu navegador ou ler as que xa están activadas.

Do mesmo xeito, as aplicacións que se asocian con Google poden enviarnos información, como o nome da aplicación e un identificador, que nos axuda a determinar que anuncios mostramos noutras aplicacións do teu dispositivo. Se iniciaches sesión na túa conta de Google e, en función da configuración da túa conta, é posible que engadamos esa información á túa conta e a tratemos como información persoal.

Como utilizamos a información enviada polo teu navegador

Cando visitas sitios web ou usas aplicacións que utilizan tecnoloxías de Google, podemos utilizar a información que recibimos deses sitios web e aplicacións con diversos fins, por exemplo:

Como podes controlar a información enviada a Google

Para recibir consellos e asesoramento sobre como permanecer seguro e xestionar os teus datos en liña, visita o Centro de seguridade de Google.

A continuación, indícanse algúns métodos para controlar a información que comparte o teu navegador web cando visitas servizos de Google en sitios de socios na web ou cando interactúas con eles: