Tecnoloxías e principios

En Google buscamos ideas e produtos que habitualmente superan os límites da tecnoloxía existente. Como empresa que actúa de forma responsable, esforzámonos por certificar que cada innovación está equilibrada co nivel de privacidade e de seguridade adecuados para os nosos usuarios. Os nosos principios de privacidade axudan a tomar decisións en todos os niveis da empresa para que poidamos axudar a protexer e a impulsar os nosos usuarios, ao mesmo tempo que cumprimos a nosa misión continua de organizar a información mundial.

Principios de privacidade

  1. Utilizar a información para proporcionarlles aos usuarios produtos e servizos valiosos.

    “Centrarse en proporcionar a mellor experiencia para o usuario” é o principio máis importante da filosofía de Google. Cando os usuarios comparten información connosco, permítennos crear servizos e produtos valiosos para eles. Cremos que centrarnos no usuario fomenta os produtos e as funcións de mellora da privacidade que impulsaron a innovación e crearon un público fiel formado polos usuarios en liña.

    Aprendemos dos erros tipográficos e ortográficos que todos comentemos cando realizamos buscas para axudar a proporcionarche os resultados de busca de xeito máis rápido e preciso. Polo tanto, se escribe [osos molares], podemos deducir que probablemente querías dicir [osos polares].

  2. Desenvolver produtos que reflictan normas e prácticas de privacidade sólidas.

    O noso obxectivo é utilizar a tecnoloxía máis recente, incluído o desenvolvemento de ferramentas que axuda os usuarios a xestionar a súa información persoal de xeito sinxelo e accesible sen prexudicar a valiosa experiencia do usuario. Cumprimos as leis de privacidade e, ademais, traballamos internamente e con reguladores e socios do sector para desenvolver e implementar normas de privacidade sólidas.

    Deseñamos Google+ con círculos para que se poidan compartir cousas diferentes con persoas diferentes. Podes pór os teus amigos nun círculo, a túa familia noutro e o teu xefe nun círculo separado, igual que na vida real.

  3. Recompilar información persoal de forma transparente.

    Esforzámonos por amosarlles aos usuarios a información que utilizamos para personalizar os nosos servizos. Sempre que podemos, tentamos ser transparentes respecto á información que temos sobre os usuarios individuais e sobre como a utilizamos para ofrecer os nosos servizos.

    O Panel de control de Google axuda a responder á pregunta “Que sabe Google de min?” Mostra a información almacenada na túa conta de Google, como o último blog de Blogger ou as fotos que subiches, e permíteche cambiar a configuración de privacidade de moitos produtos de Google desde unha única situación.

  4. Darlles aos usuarios opcións útiles para protexer a súa privacidade.

    As persoas teñen diferentes intereses e necesidades relacionados coa privacidade. Para servir mellor a todos os nosos usuarios, Google esfórzase por ofrecerlles opcións útiles e significativas para o uso da súa información persoal. Cremos que non hai que apoderarse da información persoal e pretendemos crear produtos que lles permitan aos usuarios exportar a súa información persoal a outros servizos. Non vendemos información persoal dos usuarios.

    Coas nosas ferramentas de privacidade podes cifrar o tráfico de busca entre o teu ordenador e Google, navegar pola Internet en privado, eliminar o teu historial de busca, retirar facilmente os teus datos dos produtos de Google a través da nosa ferramenta Data Liberation e moito máis.

  5. Xestionar responsablemente a información que temos.

    Recoñecemos a nosa responsabilidade de protexer os datos que nos confían os usuarios. Tomamos moi en serio as incidencias de seguridade e traballamos con unha gran comunidade de usuarios, programadores e expertos externos en seguridade para facer que a Internet sexa un lugar máis seguro.

    Deseñamos a seguridade e a resistencia dos nosos produtos desde o comezo. Os nosos escáneres automatizados utilizan os datos para protexer millóns de usuarios cada día contra o software malicioso, a suplantación de identidade, a fraude e o correo lixo.