Como utiliza Google as cookies

As cookies son pequenos ficheiros de texto que un sitio web que visitas envía ao teu navegador. Axudan ao sitio web a lembrar información acerca da túa visita, como o teu idioma preferido e outras configuracións. Isto pode facer que a túa próxima visita sexa máis fácil e que o sitio che resulte máis útil. As cookies exercen un papel importante. Sen elas, a utilización da web resultaría unha experiencia moito máis frustrante.

Empregamos as cookies para moitos fins. Utilizámolas, por exemplo, para lembrar as túas preferencias de busca segura, para facer que os anuncios que ves resulten máis relevantes, para contar o número de visitantes que recibimos nunha páxina, para axudarche a rexistrarte nos nosos servizos e para protexer os teus datos.

Podes ver unha lista dos tipos de cookies que utiliza Google e, ademais, obter información sobre como utilizan Google e os nosos socios as cookies na publicidade. Na nosa política de privacidade explícase o modo en que protexemos a túa privacidade no noso uso das cookies e outra información.