Tipos de cookies usadas por Google

Empregamos tipos diferentes de cookies para executar os sitios web de Google e produtos relacionados coa publicidade. É posible que algunhas ou todas as cookies identificadas a continuación se almacenen no teu navegador. Podes ver e xestionar cookies no teu navegador (aínda que é posible que os navegadores dos dispositivos móbiles non ofrezan esta visibilidade).

Categoría de uso Exemplo

Preferencias

Estas cookies permiten que os nosos sitios web lembren información que cambia como se comporta o sitio ou o seu aspecto, por exemplo, o teu idioma preferido ou a rexión na que te atopas. Así, ao lembrar a túa rexión, un sitio web poderá fornecerche informes meteorolóxicos locais ou información sobre o tráfico. Estas cookies tamén poden axudarche a cambiar o tamaño e a fonte do texto, así como outras partes das páxinas web que podes personalizar.

A perda da información almacenada nunha cookie de preferencias pode provocar que a experiencia do sitio web resulte menos funcional, pero non debe impedir que funcione.

A maioría dos usuarios de Google disporán dunha cookie de preferencias denominada "NID" nos seus navegadores. Os navegadores envían esta cookie con solicitudes a sitios de Google. A cookie NID contén un ID único que Google usa para lembrar as túas preferencias e outra información, como o teu idioma preferido (por exemplo, galego), o número de resultados da busca que desexas ver por páxina (por exemplo, 10 ou 20) e se queres ter o filtro de SafeSearch de Google activado ou non.

Seguridade

Empregamos as cookies de seguridade para autenticar usuarios, evitar o uso fraudulento das credenciais de inicio de sesión e protexer os datos do usuario de partes non autorizadas.

Por exemplo, empregamos cookies denominadas "SID" e "HSID" que conteñen rexistros cifrados e asinados dixitalmente da hora de inicio de sesión máis recente e da ID da conta de Google dun usuario. A combinación destas dúas cookies permítenos bloquear moitos tipos de ataques, como intentos de roubo do contido de formularios que completas en páxinas web.

Procesos

As cookies de proceso axudan a conseguir que o sitio web funcione e ofrecen servizos esperados polo visitante do sitio web, como a navegación por páxinas web ou o acceso a zonas seguras do sitio web. Sen estas cookies, o sitio web non pode funcionar correctamente.

Por exemplo, empregamos unha cookie denominada "lbcs" que permite que Google Docs abra varios documentos nun navegador. O bloqueo desta cookie impediría o funcionamento correcto de Google Docs.

Publicidade

Empregamos cookies para que a publicidade resulte máis atractiva para os usuarios e máis valiosa para os editores e anunciantes. Algunhas das aplicacións máis comúns das cookies consisten en seleccionar a publicidade en función do que resulta máis relevante para un usuario, mellorar a xeración de informes sobre o rendemento dunha campaña e evitar amosar anuncios que xa consultou o usuario.

Google usa cookies, como NID e SID, para axudar a personalizar os anuncios nas propiedades de Google, como na Busca de Google. Por exemplo, utilizamos estas cookies para lembrar as túas buscas máis recentes, as túas interaccións anteriores con anuncios dun anunciante ou resultados da busca e as visitas ao sitio web dun anunciante. Isto axúdanos a mostrarche anuncios personalizados en Google.

Tamén utilizamos as cookies para a publicidade que publicamos na web. A nosa cookie de publicidade principal en sitios que non pertencen a Google denomínase "id" ou "IDE" e almacénase nos navegadores co dominio doubleclick.net. Utilizamos outras cookies con nomes como "DSID", "FLC", "AID", "TAID" e "exchange_uid". É posible que outros produtos de Google, como YouTube, tamén utilicen estas cookies para mostrarche anuncios máis relevantes.

Ás veces, é posible que se defina unha cookie no dominio do sitio que estás visitando. No caso do noso produto DoubleClick, poida que se coloque unha cookie denominada "__gads" no dominio do sitio que estás visitando. A diferenza das cookies que se establecen nos dominios propios de Google, Google non pode ler esta cookie cando navegas por outros sitios. A súa finalidade é, entre outras, medir as interaccións cos anuncios nese dominio e evitar que se mostren os mesmos anuncios demasiadas veces.

Google tamén utiliza varias cookies de conversión, cuxo obxectivo principal é axudar aos anunciantes a determinar cantas persoas que fan clic nos seus anuncios acaban comprando os seus produtos. Estas cookies permiten a Google e ao anunciante determinar que fixeches clic no anuncio e que despois visitaches o sitio do anunciante. Google non utiliza as cookies de conversión para orientar anuncios personalizados e, ademais, só se manteñen durante un tempo limitado. Para iso xa se utiliza unha cookie denominada "Conversion". Normalmente, defínese no dominio googleadservices.com. Podes consultar unha lista dos dominios que utilizamos para as cookies publicitarias na parte inferior desta páxina. É posible que algunhas das nosas cookies tamén se utilicen para medir eventos de conversión. Por exemplo, é posible que as cookies de DoubleClick e Google Analytics se utilicen para este fin.

Tamén utilizamos cookies denominadas "AID" e "TAID" para ligar a túa actividade en varios dispositivos se iniciaches sesión previamente na túa conta de Google noutro dispositivo. Deste xeito, podemos coordinar os anuncios que ves en varios dispositivos e medir os eventos de conversión. Estas cookies pódense definir nos dominios google.com/ads, google.com/ads/measurement ou googleadservices.com. Se non queres que os anuncios que ves se coordinen entre varios dispositivos, podes desactivar a Personalización de anuncios en Configuración de anuncios.

Estado da sesión

Con frecuencia os sitios web recompilan información acerca do modo en que os usuarios interactúan cun sitio web. Entre esta información é posible que se inclúan as páxinas que os usuarios visitan con maior frecuencia e se os usuarios reciben mensaxes de erro de determinadas páxinas. Empregamos estas denominadas "cookies de estado de sesión" para axudarnos a mellorar os nosos servizos co fin de mellorar a experiencia de navegación dos nosos usuarios. O bloqueo ou eliminación destas cookies non provocará que o sitio web sexa inutilizable.

Tamén se poden utilizar estas cookies para medir de xeito anónimo a eficacia do PPC (pago por clic) e da publicidade de colaboradores.

Por exemplo, empregamos unha cookie denominada "recently_watched_video_id_list" para que YouTube poida gravar os vídeos visualizados máis recentemente por un navegador determinado.

Google Analytics

Google Analytics é a ferramenta de analítica que axuda aos sitios web e aos propietarios de aplicacións a entender o modo no que os seus visitantes interactúan coas súas propiedades. Pode utilizar un conxunto de cookies para recompilar información e informar das estatísticas de uso dos sitios web sen identificar persoalmente aos visitantes de Google. A cookie principal utilizada por Google Analytics é "__ga".

Ademais de informar das estatísticas de uso do sitio web, Google Analytics tamén pode utilizarse, xunto con algunhas das cookies de publicidade descritas anteriormente, para axudar a mostrar anuncios máis relevantes nas propiedades de Google (como na Busca de Google) e na web.

Obtén máis información acerca de cookies e información de privacidade de Google Analytics.

Para definir as cookies que se utilizan nos nosos produtos publicitarios, úsanse varios dominios, incluídos os que se indican a continuación e algunhas versións deles específicas para determinados países (como google.fr):