Como funciona Google Voice

Google Voice almacena, procesa e conserva o historial de chamadas (incluído o número de teléfono da persoa que chama, o número de teléfono da persoa á que se chama, a data, a hora e a duración da chamada), os saúdos do contestador, as mensaxes do contestador, as mensaxes SMS (servizo de mensaxes curtas), as conversas gravadas e outros datos relacionados coas contas a fin de proporcionar o servizo.

Coa conta de Google Voice, é posible organizar ou eliminar o historial de chamadas, os saúdos do contestador, as mensaxes do contestador (tanto o audio como as transcricións), as mensaxes SMS e as conversas gravadas. Estas eliminacións aplicaranse de inmediato na vista da conta, pero a caixa de entrada e o historial de chamadas para as chamadas suxeitas a pagamento seguirán sendo visibles na conta. É posible que as copias residuais das contas e dos datos eliminados, excepto a información do rexistro de chamadas, tarden en eliminarse dos nosos servidores activos ata 90 días e que se conserven nos nosos sistemas de copia de seguranza. Os nosos sistemas conservarán copias anónimas da información do rexistro de chamadas, sen incluír información que identifique aos usuarios, a fin de cumprir cos requisitos de auditoría e elaboración de informes.