Como utiliza Google Wallet os números de tarxetas de crédito

Google utiliza os números das tarxetas de crédito e débito inseridos nas contas de Google Wallet para procesar os pagamentos das compras en liña e fóra de liña realizadas con Google Wallet, incluídas as transaccións de Google Play. Ademais, tamén utiliza estes números para controlar a fraude. O Aviso de privacidade de Google Wallet proporciona información detallada acerca de como utilizamos a información da conta de Google Wallet, incluída a información que recompilamos e a maneira de compartila. Só compartimos información persoal con terceiros nas circunstancias que se describen no Aviso de privacidade de Google Wallet. Os números das tarxetas de crédito e débito inseridos nas contas de Google Wallet están cifrados e almacénanse en servidores seguros nun lugar seguro.