Navega con seguridade

Internet ofrece infinidade de oportunidades para explorar, crear e colaborar. Para tirar o máximo proveito da web, é importante manterte seguro e protexido. Tanto se acabas de comezar a utilizar Internet como se es experto, os consellos e ferramentas desta sección poden axudarche a navegar pola web de xeito seguro.

  • Protexe os teus contrasinais

    Obtén máis información acerca de como crear bos contrasinais e como manter a túa información segura.

    Máis información

  • Como iniciar e pechar sesión

    Acceder á túa conta de Google é un proceso simple e útil, pero tamén debes saber cando é importante saír dela.

    Máis información

  • Como xestionar varias contas

    Na actualidade moitos dispositivos son compatibles con varias contas en liña. Obtén información acerca de como controlar que conta utilizar e cando.

    Máis información

  • Comproba a túa configuración de Gmail

    Se utilizas Gmail, podes seguir estes pasos para asegurarte de que a túa conta é segura.

    Máis información

  • Utiliza redes seguras

    Ten especial coidado cando accedas a Internet mediante unha rede que non coñezas e obtén información acerca de como configurar o teu router doméstico e a rede wifi de xeito seguro.

    Máis información

  • Bloquea a pantalla ou o dispositivo

    Non te irías da casa durante todo o día e deixarías a porta de entrada aberta, verdade? Obtén información acerca de por que tamén resulta conveniente que bloquees a pantalla ou o dispositivo.

    Máis información

  • Mantén o dispositivo limpo

    Infórmate acerca dalgúns signos habituais que indican que é posible que o dispositivo estea infectado con malware, software malicioso deseñado para danar o teu dispositivo ou rede, e acerca de como podes protexerte.

    Máis información

  • Comprar online de forma segura

    Debido a que cada vez máis usuarios realizan compras de produtos online, elaboramos uns cantos consellos sobre a seguranza para as compras online.

    Máis información

Ferramentas de seguridade

Descubre as 5 principais funcións de seguridade en liña de Google deseñadas para axudarche a manter á túa familia segura en liña.

Contas de Google

Mellora a seguridade da túa conta de Google

Podes engadir unha capa adicional de seguridade á túa conta de Google mediante a activación da verificación en dous pasos. Se tes a verificación en dous pasos activada, Google enviará un contrasinal ao teu teléfono móbil cando alguén tente iniciar sesión na túa conta desde un ordenador descoñecido. Grazas a isto, se alguén rouba ou descobre o teu contrasinal, o pirata informático non poderá acceder á túa conta porque non disporá do teu teléfono. Deste modo, podes protexerte con algo que coñeces (o teu contrasinal) e con algo que che pertence (o teu teléfono).

Máis información

Fai clic no teu nome ou imaxe na esquina dereita e, a continuación, fai clic en Conta para acceder á túa configuración.

Na parte superior, fai clic en Seguridade. Na caixa Contrasinal, fai clic en Configuración a carón de “Verificación en dous pasos”.

A continuación, verás unha guía detallada que che axudará no proceso de configuración.

Posteriormente, accederás de novo á configuración da verificación en dous pasos. Revisa a configuración e engade números de teléfono secundarios.

Remataches.! A próxima vez que inicies sesión, recibirás unha SMS cun código de verificación.

Google Chrome

Explora a web en privado

Podes utilizar o modo de incógnito no navegador Chrome do teu ordenador, tablet ou teléfono para navegar pola web en privado. No modo de incógnito, as páxinas que visitas e os ficheiros que descargas non se rexistran no teu historial de descarga ou navegación de Chrome.

Máis información

Fai clic no menú de Chrome da barra de ferramentas do navegador → Fai clic en Nova ventá de incógnito.

Abrirase unha ventá nova coa icona de incógnito na esquina. Para saír, simplemente pecha a ventá.

Contas de Google

Personaliza a túa conta de Google

Na páxina de configuración da túa conta, podes ver os servizos e a información asociados coa túa conta de Google e cambiar a túa configuración de seguridade e privacidade.

Máis información

Fai clic no teu nome ou imaxe na esquina dereita e, a continuación, fai clic en Conta para acceder á configuración.

Contas de Google

Recibe unha alerta se o teu nome aparece na web

A ferramenta A miña presenza na web pode axudarche a comprender e xestionar o que os demais usuarios ven cando te buscan en Google. Esta ferramenta axúdache a configurar Alertas de Google para que poidas controlar se aparece información túa en Internet e suxíreche automaticamente algúns termos de busca que quizais desexes supervisar.

Máis información

Inicia sesión na túa conta de Google e diríxete á sección “Eu na web”.

Fai clic en Xestionar as miñas alertas web e, a continuación, fai clic no botón vermello para crear unha alerta.

O teu nome aparecerá no campo de texto. Fai clic no campo de texto para ver máis alertas suxeridas.

Fai clic en Engadir para engadir unha alerta. Fai clic na icona do lapis para facer edicións e na icona da papeleira para eliminar.

No menú despregable “Con que frecuencia”, selecciona a frecuencia das alertas.

Contas de Google

Xestiona os datos almacenados na túa conta de Google

O Panel de control de Google móstrache o que está almacenado na túa conta de Google e proporciona unha descrición xeral da actividade recente da túa conta. Desde unha localización central, podes ver facilmente os teus datos e a actividade, e acceder á túa configuración de servizos como Blogger, Calendar, Documentos, Google+, etc.

Máis información

Visita Panel de control para ver un resumo dos datos asociados coa túa conta de Google e xestionar a túa configuración persoal.

Desde aquí podes ver e xestionar os datos almacenados na túa conta de Google.

Consulta máis ferramentas de seguridade