Elixe a túa propia aventura en liña

Como pai, con frecuencia precisas buscar contido adecuado para toda a familia. Grazas ás ferramentas da barra lateral, podes filtrar contidos ofensivos e explícitos de buscas de Google, vídeos de YouTube, aplicacións de Google Play, etc. Ademais, hai outros tipos de software de filtración no mercado, e se investigas un pouco, podes decidir que opción se axeita mellor ás necesidades da túa familia.

Por suposto, resulta fundamental que tamén fales coa túa familia sobre o que é axeitado e o que non. Ao combinar conversas sinceras coas ferramentas de seguridade en liña, podes axudar a facer de Internet unha experiencia segura e divertida para os usuarios de todas as idades da túa familia.

  • Como atopar contido apropiado para as diferentes idades

    Obtén máis información acerca do que podes facer para que os membros da túa familia de todas as idades exploren en liña con seguridade e diversión.

    Máis información

  • Avaliación da credibilidade de contidos

    Consellos para ensinar á túa familia como distinguir o verdadeiro do falso ao explorar en liña.

    Máis información

Ferramentas de seguridade

Descubre as funcións de seguridade de Google deseñadas para axudar a controlar os contidos en liña aos que accede a túa familia.

Busca de Google

Informa de resultados de SafeSearch inadecuados

Se atopas un resultado en SafeSearch con contidos para adultos, infórmanos, estamos traballando permanentemente para mellorar os nosos filtros de contidos, e este tipo de información axúdanos a aumentar a seguridade de SafeSearch para todo o mundo.

Máis información

Fai clic na imaxe inadecuada que se ve nos resultados da busca para abrir unha páxina con máis opcións.hat you see in search results to open a page with more options

Fai clic en Enviar comentarios na esquina inferior dereita do panel de resultados da imaxe.

YouTube

Marca contido cuestionable

Os nosos expertos en políticas traballan as 24 horas do día para axudar a manterte a ti e á túa familia seguros en YouTube. Se ves contidos ou comportamentos que consideres que infrinxen as Directrices da comunidade de YouTube, podes marcalos para que sexan revisados. Se un vídeo infrinxe as nosas directrices, será eliminado do sitio. Se non infrinxe as directrices pero quizais non é apropiado para todo o mundo, é posible asignarlle unha restrición por idade ao vídeo para que os usuarios máis novos non poidan visualizalo.

Máis información

Para marcar un vídeo, fai clic no botón "Informar" que está debaixo do reprodutor de vídeo.

Fai clic no motivo polo que marcas o vídeo que mellor se axuste á infracción presente no vídeo.

Fornece información adicional que poida axudar ao equipo de revisión a tomar unha decisión.

Marcar vídeos é un proceso anónimo, pero precisas iniciar sesión na túa conta para utilizar as ferramentas de marcado.

Para obter información acerca de como marcar un comentario ou canle, visita o Centro de axuda.

Google+

Informa de contido ofensivo

Se alguén fai un comentario ou publicación inadecuados en Google+, podes informar ao respecto, incluso desde un teléfono móbil. Google+ dispón de políticas de contidos claras que explican o que é apropiado facer no sitio, polo que se observas contidos ou comportamentos que infrinxan a nosa política, podes marcalos para que sexan revisados. En Google revisamos contidos as 24 horas do día e podemos eliminar contidos e limitar ou pechar contas de usuarios que infrinxan as nosas políticas.

Máis información

Para informar dunha publicación, fai clic na frecha que se atopa na parte superior dereita da publicación. A continuación, fai clic en "Informar de spam ou uso abuso".

Na ventá emerxente que aparece, podes identificar o motivo polo que informas da publicación.

Cando remates, aparecerá unha bandeira vermella a carón da publicación. Para desfacer a acción de informar, fai clic na bandeira vermella.

Para informar dun comentario, pasa o rato sobre este e fai clic na bandeira gris que aparece.

Google+

Protexe os Hangouts para todo o mundo

Queremos que os Hangouts resulten divertidos para todo o mundo. Se ves contidos ou comportamentos que infrinxen a política de conduta e contidos de Google+, podes marcalos para que sexan revisados. Estas políticas teñen un papel importante á hora de conseguir que Google+ continúe sendo un lugar seguro e positivo, polo que é posible que eliminemos contidos e limitemos ou pechemos contas de usuarios que infrinxan as nosas políticas. Así mesmo, podes bloquear un usuario de Hangouts se xa non queres velo ou escoitalo.

Máis información

Para bloquear un usuario dunha conversa, coloca o cursor enriba da miniatura do vídeo desa persoa.

Fai clic na icona de ignorar.

Para bloquear permanentemente un usuario dunha conversa, marca a caixa que se atopa preto de Eliminar permanentemente e selecciona Feito.

Blogger

Axuda a manter a blogosfera segura para todo o mundo

Existen directrices claras acerca dos tipos de contidos que se poden publicar en Blogger. Se ves contido que infrinxe a Política de contidos de Blogger, podes marcalo para revisalo. Eliminarase todo o que infrinxa as nosas políticas e, ademais, colocaremos unha páxina de advertencia fronte ao contido que non infrinxa as nosas políticas pero que non resulte adecuado para todos os públicos.

Máis información

Para informar de contido, visita o artigo de axuda aquí.

Na parte inferior da páxina, selecciona o tipo de abuso para acceder ao formulario de contacto relevante.

Completa a información solicitada e, a continuación, fai clic en “Enviar”.

Se estás nun blog do que queres informar, fai clic no menú despregable “Máis” que se atopa na parte superior da páxina.

A continuación, fai clic en “Informar de abuso” e leva a cabo os pasos necesarios para alertar a Blogger do contido presente nesa páxina.

Google Play

Usa os controis parentais para filtrar aplicacións por clasificación de contido

Podes usar os controis parentais para restrinxir o contido que se pode descargar ou comprar en Google Play. Isto axúdache a encontrar contido apropiado para ti e a túa familia.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Toca a icona de menú situada na esquina superior esquerda.

Toca Configuración.

Toca Controis parentais.

Activa os controis parentais.

Crea un PIN.

Toca Aplicacións e xogos

Selecciona o nivel de madurez

YouTube

Establece un filtro para evitar o contido non adecuado

Se prefires non ver contido para adultos ou con restrición de idade mentres navegas por YouTube, desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e activa o modo de seguridade. O modo de seguridade axuda a filtrar contido potencialmente censurables da busca, vídeos relacionados, listas de reprodución, programas e películas.

Máis información

Desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e fai clic no menú despregable da sección “Seguridade”.

Selecciona a opción Activar ou Desactivar para activar ou desactivar o modo de seguridade.

Para bloquear esta configuración, inicia sesión na túa conta de Google.

Unha vez inicies sesión, disporás da opción de bloquear este axuste.

Busca de Google

Establece un PIN e esquéceo. Mantén o Modo de seguridade bloqueado

Se queres manter o modo de seguridade activado permanentemente, podes bloquealo. A partir de entón, cada vez que accedas a YouTube desde ese navegador, iniciarás sesión automaticamente no modo de seguridade.

Máis información

Selecciona a opción Activar ou Desactivar para activar ou desactivar o modo de seguridade.

Para bloquear esta configuración, inicia sesión na túa conta de Google.

Unha vez inicies sesión, disporás da opción de bloquear este axuste.

Google Play

Evita compras accidentais ou non desexadas

Podes axudar a evitar compras accidentais feitas en Google Play solicitando que se introduza algunha información ao realizar unha compra, como un contrasinal.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Toca a icona de menú situada na esquina superior esquerda.

Toca Configuración.

Toca Requirir autenticación para realizar compras.

Selecciona a opción que prefiras. Se es pai ou tes intención de compartir o teu dispositivo, recomendamos a opción Para todas as compras a través de Google Play neste dispositivo.

Consulta máis ferramentas de seguridade