Conéctate de xeito responsable

Froito das nosas conversas continuas cos pais, sabemos que coñecer as actividades en liña dos teus fillos é unha gran preocupación. Ensinar aos teus fillos os conceptos básicos de cidadanía dixital responsable pode axudarlles a tomar boas decisións cando non estás vixiando. Deben saber como responder a situacións sociais en liña, como informar de abusos e a quen acudir en busca de axuda. Obtén máis información sobre como iniciar esta conversa coa túa familia.

  • Fornece a túa información persoal segundo sexa necesario

    Busca consellos rápidos sobre como ensinar á túa familia a manter a reputación en liña.

    Máis información

  • Establece contactos intelixentes

    Sigue estes consellos simples para ensinar á túa familia o que se definen como relacións en liña saudables e prexudiciais.

    Máis información

  • Implícate, non sexas un mero espectador

    Tanto en liña como na vida real, a intimidación é prexudicial. Ensina aos teus fillos o que é e non é unha comunicación aceptable na web.

    Máis información

Ferramentas de seguridade

Descubre as ferramentas de seguridade de Google deseñadas para axudar á túa familia a supervisar a súa reputación en liña.

YouTube

Xestiona comentarios de YouTube

Se alguén está facendo comentarios que non che gustan sobre os teus vídeos ou a túa canle, podes bloquealos en YouTube. Isto significa que non poderán comentar o teu contido nin enviarche mensaxes privadas.

Máis información

Para bloquear alguén en YouTube, visita a páxina da súa canle, que debería ter un URL parecido a www.youtube.com/user/NOME.

Na súa pestana “Acerca de”, fai clic na icona da bandeira.

Por último, fai clic en Bloquear usuario.

YouTube

Comparte vídeos unicamente co público adecuado

Tanto se queres manter un vídeo en privado, compartilo cuns cantos amigos ou publicalo para que o vexa todo o mundo, existe unha configuración de privacidade adaptada para ti. En YouTube, os vídeos están axustados como “Públicos” de xeito predeterminado, pero podes cambiar facilmente a configuración en “Configuración de privacidade” mentres estás a cargar o vídeo. Se cambias de opinión posteriormente, podes cambiar a privacidade dun vídeo xa cargado.

Máis información

Para cambiar a configuración de privacidade, visita o teu Xestor de vídeos.

Atopa o vídeo que queres cambiar e, a continuación, fai clic no botón Editar.

Vai ao menú despregable “Configuración de privacidade”.

Selecciona a opción Público para compartir con todo o mundo, Sen clasificar para compartir cos usuarios que teñan unha ligazón ao vídeo ou Privado para compartir con usuarios específicos.

Fai clic en Gardar cambios.

Google+

Bloquea comentarios ou etiquetas non desexados

Se prefires non ver as publicacións dun usuario en Google+, podes bloquealas indo ao seu perfil e seleccionando Informar/bloquear [nome da persoa]. Tamén podes ignorar publicacións específicas para non velas de novo no teu taboleiro.

Máis información

Para bloquear alguén no escritorio, vai ao seu perfil.

No lateral do perfil, fai clic en Informar de/bloquear a [nome da persoa].

Confirma que queres bloquear esa persoa.

Google+

Selecciona de quen queres ver as actualizacións no teu fluxo

Que sucede se alguén te engade aos seus círculos pero non estás interesado en interactuar con el? Se non queres bloquealo, podes optar por silencialo. Se silencias a un usuario, deixarás de recibir notificacións del e da súa páxina.

Máis información

Abrir Google+.

Vai ao perfil ou á páxina dun usuario.

Fai clic na frecha situada debaixo da súa información e foto de perfil.

Selecciona “Silenciar a [persoa/páxina]”.

YouTube

Controla o que se comenta sobre os teus vídeos

Resulta doado moderar os comentarios que se realizan na túa canle de YouTube. Podes decidir eliminar comentarios ou evitar a publicación de comentarios de determinadas persoas ou que conteñen certas palabras clave antes de que os revises.

Máis información

Para moderar os comentarios, fai clic na frecha da parte superior dereita dun comentario para ver todas as túas opcións.

Fai clic en Eliminar para retirar o comentario de YouTube.

Tamén podes facer clic en Excluír da canle para bloquear a publicación de comentarios sobre os teus vídeos e a túa canle por parte do usuario.

En Configuración de comentarios, podes solicitar a aprobación previa á publicación de todos os comentarios novos ou podes desactivar os comentarios.

A opción Configuración de comentarios permíteche establecer filtros sobre quen pode facer comentarios na túa canle. Así mesmo, podes bloquear comentarios que conteñan determinadas palabras.

Consulta máis ferramentas de seguridade