Conceptos básicos sobre a seguridade da familia

Para os pais máis ocupados, fornécense a continuación suxestións rápidas acerca de como axudar a manter a seguridade das vosas familias en liña.

  1. Fala coa túa familia acerca da seguridade en liña. Sé claro acerca das normas e expectativas da túa familia acerca da tecnoloxía e das consecuencias do seu uso inadecuado. E o máis importante, asegúrate de que se senten o suficientemente cómodos para pedir consello cando se enfronten a decisións difíciles. Isto pode axudar á túa familia a sentirse segura explorando Internet por si mesma e a saber a quen recorrer, a ti, cando teña algunha pregunta.
  2. Usade a tecnoloxía xuntos. É unha boa forma de ensinar seguridade en liña e, ademais, bríndache a oportunidade de tratar temas de seguridade en liña coa túa familia a medida que van xurdindo.
  3. Debate sobre servizos e sitios en liña. Fala coa túa familia acerca de que tipos de sitios lles gusta visitar e sobre que resulta adecuado para cada membro da familia.
  4. Protexe os contrasinais. Axuda á túa familia a obter información acerca de como definir contrasinais seguros en liña. Lembra á túa familia que non forneza os seus contrasinais, excepto a adultos de confianza, como ao pai ou á nai. Asegúrate de que se acostumen a pechar sesión nas súas contas en liña cando utilicen ordenadores públicos da escola, dun cibercafé ou dunha biblioteca.
  5. Utiliza configuracións de privacidade e controis de uso compartido. Hai moitos sitios para compartir opinións, fotos, vídeos, actualizacións de estado, etc. Moitos destes sitios ofrecen configuracións de privacidade e controis que che axudan a decidir quen pode ver o teu contido antes de publicalo. Fala coa túa familia para obter información acerca do que se debe e non se debe compartir publicamente. Axúdalle a respectar a privacidade dos demais ao manter os detalles persoais da familia ou amigos en privado e ao non identificar ás persoas polo nome en contido que se comparta publicamente.
  6. Comproba as restricións de idade: moitos servizos en liña, incluído Google, dispoñen de límites de idade que restrinxen quen pode usar os seus servizos. Por exemplo, tes que cumprir os requisitos de idade para poder ter unha conta de Google e algúns produtos de Google están restrinxidos a usuarios de 18 anos ou máis maiores. Consulta sempre as condicións de uso dos sitios web antes de permitir ao teu fillo rexistrarse para obter unha conta e sé claro cos teus fillos se tes regras familiares acerca de que sitios e servizos poden usar.
  7. Ensínalle á túa familia como comunicarse de xeito responsable. A continuación, facilítase unha boa norma xeral: non escribas unha mensaxe instantánea, de texto ou de correo electrónico, nin publiques un comentario na páxina dun usuario con contido que non te atreverías a dicir en persoa. Failles saber como poden sentirse outras persoas coas cousas que digas en liña e establece unhas directrices familiares acerca de que tipo de comunicación é adecuada.
  8. Fala con outros adultos. Amplía a conversa aos teus amigos, familiares, profesores, formadores e conselleiros. Outros pais e profesionais que traballen con nenos poden resultar unha excelente fonte de axuda para axudarche a decidir o que é correcto para a familia, especialmente se estás a enfrontarte a un ámbito tecnolóxico co que non estás familiarizado.
  9. Protexe o teu ordenador e a túa identidade. Utiliza software antivirus e actualízao con regularidade, excepto en caso de que dispoñas dun Chromebook, que non precisa software antivirus. Indícalle á túa familia que os tipos de información persoal, como o número da seguridade social, o número de teléfono ou o enderezo, non se deben publicar en liña. Ensina á túa familia a non aceptar ficheiros ou a non abrir anexos de correo electrónico de persoas descoñecidas.
  10. Mantente firme. Permanecer seguro non é algo puntual dun momento. A tecnoloxía evoluciona, do mesmo xeito que as necesidades da túa familia. Asegúrate de manter un diálogo permanente. Volve establecer as regras básicas da túa familia, comproba os avances alcanzados por todos e dedica tempo para falar con regularidade.

Ferramentas de seguridade

Descubre as 5 principais funcións de seguridade de Google deseñadas para axudarche a protexer á túa familia en liña.

Google Play

Usa os controis parentais para filtrar aplicacións por clasificación de contido

Podes usar os controis parentais para restrinxir o contido que se pode descargar ou comprar en Google Play. Isto axúdache a encontrar contido apropiado para ti e a túa familia.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Toca a icona de menú situada na esquina superior esquerda.

Toca Configuración.

Toca Controis parentais.

Activa os controis parentais.

Crea un PIN.

Toca Aplicacións e xogos

Selecciona o nivel de madurez

YouTube

Establece un filtro para evitar o contido non adecuado

Se prefires non ver contido para adultos ou con restrición de idade mentres navegas por YouTube, desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e activa o modo de seguridade. O modo de seguridade axuda a filtrar contido potencialmente censurables da busca, vídeos relacionados, listas de reprodución, programas e películas.

Máis información

Desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e fai clic no menú despregable da sección “Seguridade”.

Selecciona a opción Activar ou Desactivar para activar ou desactivar o modo de seguridade.

Para bloquear esta configuración, inicia sesión na túa conta de Google.

Unha vez inicies sesión, disporás da opción de bloquear este axuste.

Google Chrome

Controla o que queres que vexa a túa familia na web

Se queres controlar que sitios pode visitar a túa familia en Internet, podes usar Usuarios supervisados en Google Chrome. A través de Usuarios supervisados, podes ver as páxinas que visitou o teu usuario e bloquear os sitios que non queiras que vexa o teu usuario.

Máis información

Para configurar un usuario supervisado no teu Chromebook, comeza desde a pantalla de inicio de sesión principal e fai clic en Engadir usuario.

Na parte dereita da pantalla, selecciona Crear un usuario supervisado.

Fai clic en Crear un usuario supervisado.

Inicia sesión na conta que xestionará ao usuario supervisado e fai clic en Seguinte.

Selecciona un nome de usuario, un contrasinal e unha imaxe para o usuario supervisado. Fai clic en Seguinte.

Android

Limita o acceso unicamente a aplicacións e xogos aprobados

Queres compartir o teu tablet sen compartir todo o teu material? Nos tablets Android coa versión 4.3 e posteriores, podes crear perfís restrinxidos que limiten o acceso doutros usuarios a funcións e contidos do teu tablet.

Máis información

Se es o propietario do tablet, toca Configuración → Usuarios → Engadir usuario ou perfil.

Toca Perfil restrinxido → Perfil novo e, a continuación, asigna un nome ao perfil.

Utiliza a opción ACTIVAR/DESACTIVAR e a configuración para xestionar o acceso a funcións, configuracións e aplicacións.

Preme o botón de acendido para volver á pantalla de bloqueo e, a continuación, toca a icona de perfil novo.

Unha vez configures todo, a pantalla de inicio aparecerá baleira. Toca a icona Todas as aplicacións para comezar a crear o perfil novo.

Consulta máis ferramentas de seguridade