Permanece protexido mentres te desprazas

Antes de que os teus fillos adolescentes teñan un dispositivo móbil como un tablet ou un teléfono, ou de deixarlles xogar co teu, indícalles o tipo de sitios que están autorizados a visitar e o que poden compartir en liña. Ensínalles por que é importante bloquear os seus dispositivos cun contrasinal en caso de perda ou roubo. (En dispositivos Android, podes bloquear a pantalla mediante un PIN, un padrón ou incluso a túa cara).

Ferramentas de seguridade

Descubre as 5 principais funcións de seguridade de Google deseñadas para axudarche a protexer á túa familia en liña.

Google Play

Usa os controis parentais para filtrar aplicacións por clasificación de contido

Podes usar os controis parentais para restrinxir o contido que se pode descargar ou comprar en Google Play. Isto axúdache a encontrar contido apropiado para ti e a túa familia.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Toca a icona de menú situada na esquina superior esquerda.

Toca Configuración.

Toca Controis parentais.

Activa os controis parentais.

Crea un PIN.

Toca Aplicacións e xogos

Selecciona o nivel de madurez

YouTube

Establece un filtro para evitar o contido non adecuado

Se prefires non ver contido para adultos ou con restrición de idade mentres navegas por YouTube, desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e activa o modo de seguridade. O modo de seguridade axuda a filtrar contido potencialmente censurables da busca, vídeos relacionados, listas de reprodución, programas e películas.

Máis información

Desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e fai clic no menú despregable da sección “Seguridade”.

Selecciona a opción Activar ou Desactivar para activar ou desactivar o modo de seguridade.

Para bloquear esta configuración, inicia sesión na túa conta de Google.

Unha vez inicies sesión, disporás da opción de bloquear este axuste.

Google Chrome

Controla o que queres que vexa a túa familia na web

Se queres controlar que sitios pode visitar a túa familia en Internet, podes usar Usuarios supervisados en Google Chrome. A través de Usuarios supervisados, podes ver as páxinas que visitou o teu usuario e bloquear os sitios que non queiras que vexa o teu usuario.

Máis información

Para configurar un usuario supervisado no teu Chromebook, comeza desde a pantalla de inicio de sesión principal e fai clic en Engadir usuario.

Na parte dereita da pantalla, selecciona Crear un usuario supervisado.

Fai clic en Crear un usuario supervisado.

Inicia sesión na conta que xestionará ao usuario supervisado e fai clic en Seguinte.

Selecciona un nome de usuario, un contrasinal e unha imaxe para o usuario supervisado. Fai clic en Seguinte.

Android

Limita o acceso unicamente a aplicacións e xogos aprobados

Queres compartir o teu tablet sen compartir todo o teu material? Nos tablets Android coa versión 4.3 e posteriores, podes crear perfís restrinxidos que limiten o acceso doutros usuarios a funcións e contidos do teu tablet.

Máis información

Se es o propietario do tablet, toca Configuración → Usuarios → Engadir usuario ou perfil.

Toca Perfil restrinxido → Perfil novo e, a continuación, asigna un nome ao perfil.

Utiliza a opción ACTIVAR/DESACTIVAR e a configuración para xestionar o acceso a funcións, configuracións e aplicacións.

Preme o botón de acendido para volver á pantalla de bloqueo e, a continuación, toca a icona de perfil novo.

Unha vez configures todo, a pantalla de inicio aparecerá baleira. Toca a icona Todas as aplicacións para comezar a crear o perfil novo.

Consulta máis ferramentas de seguridade