Filtro

Busca de Google

Informa de resultados de SafeSearch inadecuados

Se atopas un resultado en SafeSearch con contidos para adultos, infórmanos, estamos traballando permanentemente para mellorar os nosos filtros de contidos, e este tipo de información axúdanos a aumentar a seguridade de SafeSearch para todo o mundo.

Máis información

Fai clic na imaxe inadecuada que se ve nos resultados da busca para abrir unha páxina con máis opcións.hat you see in search results to open a page with more options

Fai clic en Enviar comentarios na esquina inferior dereita do panel de resultados da imaxe.

YouTube

Marca contido cuestionable

Os nosos expertos en políticas traballan as 24 horas do día para axudar a manterte a ti e á túa familia seguros en YouTube. Se ves contidos ou comportamentos que consideres que infrinxen as Directrices da comunidade de YouTube, podes marcalos para que sexan revisados. Se un vídeo infrinxe as nosas directrices, será eliminado do sitio. Se non infrinxe as directrices pero quizais non é apropiado para todo o mundo, é posible asignarlle unha restrición por idade ao vídeo para que os usuarios máis novos non poidan visualizalo.

Máis información

Para marcar un vídeo, fai clic no botón "Informar" que está debaixo do reprodutor de vídeo.

Fai clic no motivo polo que marcas o vídeo que mellor se axuste á infracción presente no vídeo.

Fornece información adicional que poida axudar ao equipo de revisión a tomar unha decisión.

Marcar vídeos é un proceso anónimo, pero precisas iniciar sesión na túa conta para utilizar as ferramentas de marcado.

Para obter información acerca de como marcar un comentario ou canle, visita o Centro de axuda.

Google+

Informa de contido ofensivo

Se alguén fai un comentario ou publicación inadecuados en Google+, podes informar ao respecto, incluso desde un teléfono móbil. Google+ dispón de políticas de contidos claras que explican o que é apropiado facer no sitio, polo que se observas contidos ou comportamentos que infrinxan a nosa política, podes marcalos para que sexan revisados. En Google revisamos contidos as 24 horas do día e podemos eliminar contidos e limitar ou pechar contas de usuarios que infrinxan as nosas políticas.

Máis información

Para informar dunha publicación, fai clic na frecha que se atopa na parte superior dereita da publicación. A continuación, fai clic en "Informar de spam ou uso abuso".

Na ventá emerxente que aparece, podes identificar o motivo polo que informas da publicación.

Cando remates, aparecerá unha bandeira vermella a carón da publicación. Para desfacer a acción de informar, fai clic na bandeira vermella.

Para informar dun comentario, pasa o rato sobre este e fai clic na bandeira gris que aparece.

Google+

Protexe os Hangouts para todo o mundo

Queremos que os Hangouts resulten divertidos para todo o mundo. Se ves contidos ou comportamentos que infrinxen a política de conduta e contidos de Google+, podes marcalos para que sexan revisados. Estas políticas teñen un papel importante á hora de conseguir que Google+ continúe sendo un lugar seguro e positivo, polo que é posible que eliminemos contidos e limitemos ou pechemos contas de usuarios que infrinxan as nosas políticas. Así mesmo, podes bloquear un usuario de Hangouts se xa non queres velo ou escoitalo.

Máis información

Para bloquear un usuario dunha conversa, coloca o cursor enriba da miniatura do vídeo desa persoa.

Fai clic na icona de ignorar.

Para bloquear permanentemente un usuario dunha conversa, marca a caixa que se atopa preto de Eliminar permanentemente e selecciona Feito.

Blogger

Axuda a manter a blogosfera segura para todo o mundo

Existen directrices claras acerca dos tipos de contidos que se poden publicar en Blogger. Se ves contido que infrinxe a Política de contidos de Blogger, podes marcalo para revisalo. Eliminarase todo o que infrinxa as nosas políticas e, ademais, colocaremos unha páxina de advertencia fronte ao contido que non infrinxa as nosas políticas pero que non resulte adecuado para todos os públicos.

Máis información

Para informar de contido, visita o artigo de axuda aquí.

Na parte inferior da páxina, selecciona o tipo de abuso para acceder ao formulario de contacto relevante.

Completa a información solicitada e, a continuación, fai clic en “Enviar”.

Se estás nun blog do que queres informar, fai clic no menú despregable “Máis” que se atopa na parte superior da páxina.

A continuación, fai clic en “Informar de abuso” e leva a cabo os pasos necesarios para alertar a Blogger do contido presente nesa páxina.

Google Play

Usa os controis parentais para filtrar aplicacións por clasificación de contido

Podes usar os controis parentais para restrinxir o contido que se pode descargar ou comprar en Google Play. Isto axúdache a encontrar contido apropiado para ti e a túa familia.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Toca a icona de menú situada na esquina superior esquerda.

Toca Configuración.

Toca Controis parentais.

Activa os controis parentais.

Crea un PIN.

Toca Aplicacións e xogos

Selecciona o nivel de madurez

Busca de Google

Establece un PIN e esquéceo. Mantén o Modo de seguridade bloqueado

Se queres manter o modo de seguridade activado permanentemente, podes bloquealo. A partir de entón, cada vez que accedas a YouTube desde ese navegador, iniciarás sesión automaticamente no modo de seguridade.

Máis información

Selecciona a opción Activar ou Desactivar para activar ou desactivar o modo de seguridade.

Para bloquear esta configuración, inicia sesión na túa conta de Google.

Unha vez inicies sesión, disporás da opción de bloquear este axuste.

YouTube

Establece un filtro para evitar o contido non adecuado

Se prefires non ver contido para adultos ou con restrición de idade mentres navegas por YouTube, desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e activa o modo de seguridade. O modo de seguridade axuda a filtrar contido potencialmente censurables da busca, vídeos relacionados, listas de reprodución, programas e películas.

Máis información

Desprázate á parte inferior de calquera páxina de YouTube e fai clic no menú despregable da sección “Seguridade”.

Selecciona a opción Activar ou Desactivar para activar ou desactivar o modo de seguridade.

Para bloquear esta configuración, inicia sesión na túa conta de Google.

Unha vez inicies sesión, disporás da opción de bloquear este axuste.

Google Play

Evita compras accidentais ou non desexadas

Podes axudar a evitar compras accidentais feitas en Google Play solicitando que se introduza algunha información ao realizar unha compra, como un contrasinal.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Toca a icona de menú situada na esquina superior esquerda.

Toca Configuración.

Toca Requirir autenticación para realizar compras.

Selecciona a opción que prefiras. Se es pai ou tes intención de compartir o teu dispositivo, recomendamos a opción Para todas as compras a través de Google Play neste dispositivo.

YouTube

Xestiona comentarios de YouTube

Se alguén está facendo comentarios que non che gustan sobre os teus vídeos ou a túa canle, podes bloquealos en YouTube. Isto significa que non poderán comentar o teu contido nin enviarche mensaxes privadas.

Máis información

Para bloquear alguén en YouTube, visita a páxina da súa canle, que debería ter un URL parecido a www.youtube.com/user/NOME.

Na súa pestana “Acerca de”, fai clic na icona da bandeira.

Por último, fai clic en Bloquear usuario.

YouTube

Comparte vídeos unicamente co público adecuado

Tanto se queres manter un vídeo en privado, compartilo cuns cantos amigos ou publicalo para que o vexa todo o mundo, existe unha configuración de privacidade adaptada para ti. En YouTube, os vídeos están axustados como “Públicos” de xeito predeterminado, pero podes cambiar facilmente a configuración en “Configuración de privacidade” mentres estás a cargar o vídeo. Se cambias de opinión posteriormente, podes cambiar a privacidade dun vídeo xa cargado.

Máis información

Para cambiar a configuración de privacidade, visita o teu Xestor de vídeos.

Atopa o vídeo que queres cambiar e, a continuación, fai clic no botón Editar.

Vai ao menú despregable “Configuración de privacidade”.

Selecciona a opción Público para compartir con todo o mundo, Sen clasificar para compartir cos usuarios que teñan unha ligazón ao vídeo ou Privado para compartir con usuarios específicos.

Fai clic en Gardar cambios.

YouTube

Controla o que se comenta sobre os teus vídeos

Resulta doado moderar os comentarios que se realizan na túa canle de YouTube. Podes decidir eliminar comentarios ou evitar a publicación de comentarios de determinadas persoas ou que conteñen certas palabras clave antes de que os revises.

Máis información

Para moderar os comentarios, fai clic na frecha da parte superior dereita dun comentario para ver todas as túas opcións.

Fai clic en Eliminar para retirar o comentario de YouTube.

Tamén podes facer clic en Excluír da canle para bloquear a publicación de comentarios sobre os teus vídeos e a túa canle por parte do usuario.

En Configuración de comentarios, podes solicitar a aprobación previa á publicación de todos os comentarios novos ou podes desactivar os comentarios.

A opción Configuración de comentarios permíteche establecer filtros sobre quen pode facer comentarios na túa canle. Así mesmo, podes bloquear comentarios que conteñan determinadas palabras.

Google+

Bloquea comentarios ou etiquetas non desexados

Se prefires non ver as publicacións dun usuario en Google+, podes bloquealas indo ao seu perfil e seleccionando Informar/bloquear [nome da persoa]. Tamén podes ignorar publicacións específicas para non velas de novo no teu taboleiro.

Máis información

Para bloquear alguén no escritorio, vai ao seu perfil.

No lateral do perfil, fai clic en Informar de/bloquear a [nome da persoa].

Confirma que queres bloquear esa persoa.

Google+

Selecciona de quen queres ver as actualizacións no teu fluxo

Que sucede se alguén te engade aos seus círculos pero non estás interesado en interactuar con el? Se non queres bloquealo, podes optar por silencialo. Se silencias a un usuario, deixarás de recibir notificacións del e da súa páxina.

Máis información

Abrir Google+.

Vai ao perfil ou á páxina dun usuario.

Fai clic na frecha situada debaixo da súa información e foto de perfil.

Selecciona “Silenciar a [persoa/páxina]”.

Android

Limita o acceso unicamente a aplicacións e xogos aprobados

Queres compartir o teu tablet sen compartir todo o teu material? Nos tablets Android coa versión 4.3 e posteriores, podes crear perfís restrinxidos que limiten o acceso doutros usuarios a funcións e contidos do teu tablet.

Máis información

Se es o propietario do tablet, toca Configuración → Usuarios → Engadir usuario ou perfil.

Toca Perfil restrinxido → Perfil novo e, a continuación, asigna un nome ao perfil.

Utiliza a opción ACTIVAR/DESACTIVAR e a configuración para xestionar o acceso a funcións, configuracións e aplicacións.

Preme o botón de acendido para volver á pantalla de bloqueo e, a continuación, toca a icona de perfil novo.

Unha vez configures todo, a pantalla de inicio aparecerá baleira. Toca a icona Todas as aplicacións para comezar a crear o perfil novo.

Google Chrome

Controla o que queres que vexa a túa familia na web

Se queres controlar que sitios pode visitar a túa familia en Internet, podes usar Usuarios supervisados en Google Chrome. A través de Usuarios supervisados, podes ver as páxinas que visitou o teu usuario e bloquear os sitios que non queiras que vexa o teu usuario.

Máis información

Para configurar un usuario supervisado no teu Chromebook, comeza desde a pantalla de inicio de sesión principal e fai clic en Engadir usuario.

Na parte dereita da pantalla, selecciona Crear un usuario supervisado.

Fai clic en Crear un usuario supervisado.

Inicia sesión na conta que xestionará ao usuario supervisado e fai clic en Seguinte.

Selecciona un nome de usuario, un contrasinal e unha imaxe para o usuario supervisado. Fai clic en Seguinte.

Contas de Google

Mellora a seguridade da túa conta de Google

Podes engadir unha capa adicional de seguridade á túa conta de Google mediante a activación da verificación en dous pasos. Se tes a verificación en dous pasos activada, Google enviará un contrasinal ao teu teléfono móbil cando alguén tente iniciar sesión na túa conta desde un ordenador descoñecido. Grazas a isto, se alguén rouba ou descobre o teu contrasinal, o pirata informático non poderá acceder á túa conta porque non disporá do teu teléfono. Deste modo, podes protexerte con algo que coñeces (o teu contrasinal) e con algo que che pertence (o teu teléfono).

Máis información

Fai clic no teu nome ou imaxe na esquina dereita e, a continuación, fai clic en Conta para acceder á túa configuración.

Na parte superior, fai clic en Seguridade. Na caixa Contrasinal, fai clic en Configuración a carón de “Verificación en dous pasos”.

A continuación, verás unha guía detallada que che axudará no proceso de configuración.

Posteriormente, accederás de novo á configuración da verificación en dous pasos. Revisa a configuración e engade números de teléfono secundarios.

Remataches.! A próxima vez que inicies sesión, recibirás unha SMS cun código de verificación.

Android

Evita que a xente pescude o teu dispositivo

Se non queres que calquera que colla o teu teléfono ou tablet teña acceso ao teu contido, podes definir un bloqueo de pantalla nestes dispositivos. Podes seleccionar un PIN, un contrasinal ou un patrón e mesmo bloquear o teléfono coa túa cara.

Máis información

No teu dispositivo, vai a Configuración → Persoal → Seguridade → Bloqueo da pantalla.

Toca o tipo de bloqueo que queiras e sigue as instrucións que aparecen en pantalla.

Android

Localiza o teu dispositivo de xeito remoto aínda que cho roubasen ou o perdeses

Mediante o Xestor de dispositivos Android, podes localizar, facer soar ou borrar os contidos do teu dispositivo Android de xeito remoto en caso de perda ou roubo. Cando actives esta función no teu dispositivo, poderás localizar o teu teléfono ou tablet nun mapa, eliminar os teus datos de xeito remoto ou chamar ao teu teléfono para que resulte máis fácil de atopar.

Máis información

Abre Configuración de Google desde o menú de aplicacións e toca Seguranza.

Podes activar “Localizar este dispositivo de forma remota” e/ou “Permitir o bloqueo e borrado remoto” en “Xestor de dispositivos de Android”.

Para atopar o dispositivo, inicia sesión no Xestor de dispositivos Android.

Selecciona Facer soar o dispositivo; Bloquear o dispositivo cun contrasinal novo; Borrar todos os teus datos.

Google Chrome

Explora a web en privado

Podes utilizar o modo de incógnito no navegador Chrome do teu ordenador, tablet ou teléfono para navegar pola web en privado. No modo de incógnito, as páxinas que visitas e os ficheiros que descargas non se rexistran no teu historial de descarga ou navegación de Chrome.

Máis información

Fai clic no menú de Chrome da barra de ferramentas do navegador → Fai clic en Nova ventá de incógnito.

Abrirase unha ventá nova coa icona de incógnito na esquina. Para saír, simplemente pecha a ventá.

Contas de Google

Personaliza a túa conta de Google

Na páxina de configuración da túa conta, podes ver os servizos e a información asociados coa túa conta de Google e cambiar a túa configuración de seguridade e privacidade.

Máis información

Fai clic no teu nome ou imaxe na esquina dereita e, a continuación, fai clic en Conta para acceder á configuración.

Contas de Google

Xestiona os datos almacenados na túa conta de Google

O Panel de control de Google móstrache o que está almacenado na túa conta de Google e proporciona unha descrición xeral da actividade recente da túa conta. Desde unha localización central, podes ver facilmente os teus datos e a actividade, e acceder á túa configuración de servizos como Blogger, Calendar, Documentos, Google+, etc.

Máis información

Visita Panel de control para ver un resumo dos datos asociados coa túa conta de Google e xestionar a túa configuración persoal.

Desde aquí podes ver e xestionar os datos almacenados na túa conta de Google.

Contas de Google

Recibe unha alerta se o teu nome aparece na web

A ferramenta A miña presenza na web pode axudarche a comprender e xestionar o que os demais usuarios ven cando te buscan en Google. Esta ferramenta axúdache a configurar Alertas de Google para que poidas controlar se aparece información túa en Internet e suxíreche automaticamente algúns termos de busca que quizais desexes supervisar.

Máis información

Inicia sesión na túa conta de Google e diríxete á sección “Eu na web”.

Fai clic en Xestionar as miñas alertas web e, a continuación, fai clic no botón vermello para crear unha alerta.

O teu nome aparecerá no campo de texto. Fai clic no campo de texto para ver máis alertas suxeridas.

Fai clic en Engadir para engadir unha alerta. Fai clic na icona do lapis para facer edicións e na icona da papeleira para eliminar.

No menú despregable “Con que frecuencia”, selecciona a frecuencia das alertas.

Google+

Comparte publicacións e fotos coas persoas que queiras

Comparte o que queiras coas persoas que queiras mediante os círculos de Google+. Por exemplo, podes crear un círculo para os teus amigos, un para a túa familia e outro para o teu xefe Deste xeito, cando compartas actualizacións, será fácil escoller quen pode ver as túas publicacións.

Máis información

Google+

Conversa en privado coas persoas dos teus círculos

Os Hangouts son unha forma divertida e segura de conectar coa túa familia e amigos. Envía mensaxes, comparte fotos e realiza videochamadas con calquera persoa do mundo sen necesidade de coller un avión. Podes facer que os teus Hangouts sexan públicos ou privados e, ademais, dispós de varias funcións para garantir que as túas conversas sexan privadas cando así o desexes.

Máis información

Hangouts permíteche enviar mensaxes, fotos, emoji e facer videochamadas cos teus amigos e familiares. Obtén máis información acerca de Hangouts aquí.

Contas de Google

Accede aos teus datos esteas onde esteas

Google Takeout é unha ferramenta que permite descargar os teus datos dos produtos de Google que utilizas, como documentos de Google Drive, mensaxes de Gmail ou vídeos de YouTube dunha forma moi sinxela. Utilízaa para realizar copias de seguridade, cargar a túa información a outro servizo ou para imprimila para fondos de pantalla. O que ti queiras.

Máis información

Fai clic en Crear un arquivo.

Selecciona os produtos de Google que queres incluír no teu arquivo.

Fai clic en Crear arquivo.

YouTube

Vídeos públicos ou privados, ti decides

Ás veces, é posible que só queiras compartir os teus vídeos de YouTube cun pequeno grupo de amigos ou incluso mantelos en privado. Se é así, podes definir o vídeo como "Sen clasificar" (oculto nos resultados da busca, pero será visible para as persoas que posúan a ligazón) ou "Privado" (só ti podes velo) cando cargues o teu vídeo. Ten en conta que cando cargas un vídeo establécese como "Público" de forma predeterminada, o cal significa que calquera pode velo.

Máis información

Visita o teu Xestor de vídeos.

Atopa o vídeo que queres cambiar e, a continuación, fai clic no botón Editar.

No menú despregable “Configuración de privacidade”, selecciona Público, Sen clasificar ou Privado.

Fai clic en Gardar cambios.

Contas de Google

Xestiona como compartir os teus datos

Moitos dos sitios web que visitas utilizan Google Analytics para xerar informes anónimos acerca dos visitantes, e que os propietarios dos sitios web utilizan para mellorar os seus sitios. Se non queres compartir os datos do teu navegador deste xeito, podes instalar un complemento de desactivación para navegadores.

Máis información

Visita a páxina de desactivación de Google Analytics e instala o complemento para o teu navegador.

Contas de Google

Consulta onde estiveches

Se accediches a unha conta de Google, o historial web fornéceche resultados e recomendacións máis relevantes. Se o desexas, podes eliminar entradas, deter a recompilación ou desactivar o servizo por completo. Podes facer o mesmo co historial de YouTube.

Máis información

Inicia sesión na túa conta de Google e visita a páxina https://www.google.com/history.

Desde aquí, podes xestionar as preferencias para o teu historial web de Google.

Contas de Google

Xestiona as túas preferencias de anuncios

Configuración de anuncios axúdache a controlar os anuncios que ves en Google. Obtén información acerca de como se seleccionan anuncios para ti, como se controla a información que compartes e como se bloquean anunciantes específicos.

Máis información

Visita a páxina www.google.com/settings/ads para acceder á Configuración de anuncios.

Desde aquí, podes axustar a configuración, descubrir por que visualizas determinados anuncios ou eliminar anuncios non desexados.

Google Chrome

Comparte o teu Chromebook cun amigo

Podes compartir o teu Chromebook con amigos e familiares, aínda que non teñan unha conta de Google. Mediante a utilización da función de navegación como convidado, podes permitirlles tomar prestado o teu Chromebook e manter a información da túa conta segura.

Máis información

Para iniciar unha sesión de navegación como convidado, selecciona Explorar como convidado no iniciador.

Para finalizar unha sesión de navegación como convidado, selecciona Pechar convidado para pechar a súa sesión.

Google Chrome

Borra o teu historial de navegación

Se utilizas Chrome como navegador, resultará doado eliminar parte ou todo o historial de navegación. Se iniciaches sesión en Chrome en varios dispositivos, a eliminación do historial de navegación terá efecto en todos eles.

Máis información

Para borrar o historial do teu navegador, fai clic na icona do menú de Chrome na barra de ferramentas do navegador.

Selecciona Máis ferramentas e, a continuación, Borrar datos de navegación.

Na caixa de diálogo que aparece, selecciona a caixa de verificación "Borrar o historial de navegación".

Utiliza o menú da parte superior para seleccionar a cantidade de datos que queres eliminar.

Google Chrome

Controla a información que se envía a

Algunhas das opcións do navegador Chrome utilizan a túa información, como os sitios web que visitas, para mellorar e protexer a túa experiencia en liña. Se non queres enviar datos de navegación a Google, podes desactivar algunhas funcións en Chrome.

Máis información

Para axustar a configuración de privacidade de Chrome, fai clic na icona do menú de Chrome → Configuración → Mostrar configuración avanzada → mira na sección Privacidade.

Desmarca a configuración de privacidade que xa non queiras conservar. Cando desactives unha configuración de privacidade, esa información non se enviará a Google.

Google Play

Informa de aplicacións inadecuadas

Podes informar de aplicacións maliciosas ou inadecuadas que encontres na aplicación Play Store.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Abre a páxina de detalles da aplicación.

Na parte inferior da páxina, toca Marcar como inadecuado.

Selecciona o motivo polo que pensas que a aplicación é inadecuada.

Toca Enviar.

Google Play

Comproba a clasificación de contido dunha aplicación

As aplicacións e os xogos en Play Store teñen unha clasificación de contido. Podes comprobar o nivel de madurez dunha aplicación ou dun xogo antes de descargalo para asegurarte de que é adecuado para ti e a túa familia.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Abre a páxina de detalles da aplicación e busca a clasificación debaixo do nome da aplicación.

Para obter máis información detallada, toca Ler máis.

Desprázate cara abaixo para obter máis información sobre os descritores de contido e as funcións interactivas.

Google Play

Encontra contidos adecuados para a familia en Google Play

Coas seccións para a familia en Google Play é sinxelo encontrar contidos de marcas de confianza adecuados para a familia. Isto inclúe contidos para os personaxes favoritos do teu fillo, así como contidos que podes filtrar por grupo de idade.

Máis información

Abre a aplicación Play Store no teu dispositivo.

Selecciona Aplicacións, Xogos, Películas e TV ou Libros.

Selecciona Libros familiares ou infantís.

Desde aquí, tamén podes examinar contido por niveis de idade ou personaxes populares.

Busca a insignia de contido apto en función da idade para saber o grupo de idade adecuado.