Jump to Content

Mostra a túa empresa por dentro e por fóra

As fotos e os percorridos virtuais axudan a que as persoas decidan visitar unha empresa. Impulsa a túa presenza en liña, e mostra a túa empresa por dentro e por fóra en todo o seu esplendor. Permite que a clientela vexa imaxes de Street View antes de visitar a túa empresa para facerse unha idea do que pode esperar.

Show_your_business_.webp
  • Máis de 100

    países e territorios en Street View

  • Máis de mil millóns

    de usuarios ao mes en Google Maps

  • Máis de 200 millóns

    de empresas e lugares con presenza en Google Maps

business-hero-line-image
Vista en 360° dun escaparate en Google Street View

Móstralles aos usuarios o que poden agardar cunha vista en 360° do teu escaparate

Crea as túas propias imaxes dos espazos exteriores para guiar os visitantes ata a túa localización e móstralles información importante (por exemplo, onde poden aparcar ou se a entrada está adaptada para cadeiras de rodas).
Percorrido interior en 360° da tenda Wonders Boutique (Zanzíbar) en Google Street View

Fai que a túa empresa destaque cun percorrido virtual

Dálle á clientela a benvida ao interior da túa localización para amosarlle como é a túa empresa e o que ofrece antes de que chegue. Tira fotos das instalacións, dos estantes de produtos e dos menús, e publícaas en Street View. Tamén podes pedirlle a un profesional que che axude a facelo.
Escaparate dunha empresa en Google Street View (Getty Images: Tinpixels)

Fai que os visitantes volvan mostrándolles imaxes novas

Acabas de facer unha remodelación ou comezaches a ofrecer novos produtos? Actualiza as túas fotos en Street View. Controla a túa imaxe en liña ofrecéndolle periodicamente á clientela información actualizada sobre novidades e ofertas incribles.
business-card-line-image

Instrucións para comezar

  • Faite cunha cámara ou contrata un profesional

  • Crea as túas imaxes

  • Publica as túas imaxes